Suspenden o xuízo a un acusado de agredir sexualmente e coaccionar á súa parella por falta de tradutor

Fiscalía pide 19 anos de prisión pola suma de todos os delitos contra a muller.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/10/2021 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

O xuízo fixado este luns na Audiencia Provincial da Coruña contra un home acusado de agredir sexualmente e coaccionar á súa parella foi suspendido ante a falta dun tradutor, xa que procesado e vítima son de orixe siria e non falan español. A nova data para a súa celebración será o 14 de marzo.

Segundo relata o Ministerio Fiscal no seu escrito, a parella contraeu matrimonio no ano 2010. No ano 2016 trasladáronse a Lugo, pero o home xa tiña "un comportamento violento, humillante e intimidatorio" contra a súa muller antes de residir en España.

Tras a súa chegada ao país acrecentáronse as agresións verbais e físicas. O escrito detalla que eran frecuentes os golpes e que a muller recibía insultos como "puta, zorra ou adúltera". Estes malos tratos producíase no domicilio familiar facendo a convivencia "insoportable", vivindo a vítima nunha "continua angustia".

O home chegou a obrigar á vítima a manter relacións sexuais en contra da súa vontade, indica o Ministerio Público. Por todo iso, a Fiscalía pide 19 anos de prisión pola suma de todos os delitos contra a muller.

Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Xulgados de Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta