Vestas complica as negociacións ao continuar co ERE

O comité de empresa insiste en que paralice o procedemento e que a empresa se manteña na mesa industrial como vía de solución. A compañía propón unha negociación paralela.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/10/2021 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

A reunión entre a dirección de Vestas e o comité de empresa para abordar o expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo en Viveiro concluíu sen acordo nin entendemento entre as partes.

Un traballador de Vestas acende unha bengala nunha marcha contra o peche da fábrica de Viveiro, a 5 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela
Un traballador de Vestas acende unha bengala nunha marcha contra o peche da fábrica de Viveiro, a 5 de outubro de 2021, en Santiago de Compostela | Fonte: César Arxina - Europa Press.

O comité denuncia que a dirección "está enrocada e non retira o ERE baixo ningún concepto". Os representantes dos traballadores insisten na necesidade de paralizar o ERE "para garantir a negociación en tempo dunha saída e lograr o correcto funcionamento da mesa industrial" constituída por iniciativa da Xunta.

"Pero Vestas escapa desa mesa e propón negociación paralela sen parar en ningún caso o reloxo", critica o presidente do comité, David Mariño.

Esta proposta foi rexeitada polo comité, que entende que é na mesa industrial "onde se poden facer realidade as posibles saídas" ao conflito, ao dispor "dos mecanismos necesarios".

O comité avanza que seguirá loitando "para protexer" os traballos e tentará forzar a Vestas a participar "activamente" na mesa industrial da Xunta, que está previsto que se volva reunir este xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta