Galicia xa ten torta de queixo "con alma galega" para exportar: "Exquisiña"

Tres empresas galegas e dous coñecidos chefs do país presentaron este mércores esta nova receita.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 06/10/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Exquisiña foi presentada públicamente este mércores, nun acto no Centro Superior de Hostalería de Galicia. Trátase dunha nova receita de torta de queixo "con alma galega" co obxectivo de "chamar a atención de lal necesidade de colaboración entre empresas". 

Presentación da torta de queixo Exquisiña
Presentación da torta de queixo Exquisiña | Fonte: remitida

Os promotores da iniciativa son a cooperativa láctea CLUN (participada por Feiraco), a empresa de base tecnolóxica Quescrem e a granxa avícola Pazo de Vilane. Os autores da receita son os cociñeiros Lucía Freitas  e Pablo Galego, que utilizaron ingredientes do país, en concreto ovos de Antas de Ulla, nata de Ponte Maceira e o queixo de Castro Ribeiras de Lea. 

A directora xeral de Pazo de Vilane, Nuria Varela-Puertas, destacou que como produtores agroalimentarios da Galicia rural, hai que "apostar pola incrible calidade dos produtos ben elaborados en Galicia, polo benestar animal, como convicción e por ser columna vertebral do territorio". "Poderemos distinguirnos e sobrevivir aos vaivéns do mercado se somos diferentes e defendemos o que facemos: producir alimentos saudables e ricos que protexan a saúde de todas as persoas, o benestar e as nosas tradicións", sinalou.

Pola súa banda, o primeiro executivo de Innolact, a empresa que creou Quescrem, Sergio Martínez salientou no seu discurso que "as empresas non só teñen a responsabilidade de ofrecer aos consumidor produtos de calidade senón tamén de promover o desenvolvemento social e económico da nosa contorna".

O secretario xeral de CLUN-Feiraco, Juan Gallástegui, reivindicou as sinerxías de traballar en cooperativa. "CLUN traballa sempre para ofrecer calidade galega porque ten un impacto positivo no noso campo", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta