Por gcdeportes | Lugo | 19/02/2014 | Actualizada ás 03:09
Dunha posíbel semifinal galega, a ningún equipo galego en semifinais da Copa do Rei de futsal. Burela e Azkar Lugo caeron nos cuartos de final da competición, eliminatoria disputada a partido único. Os da cidade amurallada caeron 1-5 con El Pozo Murcia e os laranxas 2-3 co Ríos Renovables navarro.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén 2: Álex, Mimi, Burrito, Matamoros, Antoñito --cinco inicial-- Christian, Iago Míguez, Isi e Juanma.
Ríos Renovables 3: Molina, Lolo, Rubi, Andresito, Charlie --cinco inicial-- Palmas, Luisma, Juni, Joselito e Álex.
Goles: 1-0, Charlie, en propia meta (19’). 1-1: Joselito (28’). 1-2: Luisma (28’). 1-3: Rubi (39’). 2-3: Matamoros (39’).
Árbitros: Gallo Suárez e Velasco Martínez (Asturias). Amarelas a Mimi (15’) no Burela e a Charlie (minuto 16), Joselito (minuto 17) e Palmas (minuto 36) no Ríos Renovables.
Incidencias: Partido de cuartos de final da Copa do Rei no pavillón de Vista Alegre ante 700 espectadores, entre eles o seleccionador José Venancio López.
Os laranxas caeron 2-3 ante o Ríos Renovables despois de chegar ao descanso con 1-0. Nun só minuto, o 28 de partido, o Burela Pescados Rubén encaixou dous goles.
O equipo de Juanlu buscou o gol dende o chío inicial, pero o meta visitante evitou unha renda máis ampla para os locais. O 1-0 chegou no minuto 19, cun disparo cruzado de Mata que Charlie meteu coa testa en propia meta. Os laranxas tiveron ocasións para o 2-0, pero xa na segunda metade, no minuto 28, chegou o empate obra de Joselito. Segundos máis tarde, un erro na defensa provocou o 1-2, de Luisma. Mata colocouse de porteiro-xogador faltando tres minutos. Burrito tivo o empate, pero coa porta baleira os navarros fixeron o 1-3 a falla de 24 segundos. Sobre a bucina, Mata fixo o 2-3.
Ficha técnica:
Azkar Lugo 1: Mendiola, Aranburu, Iago Rodríguez, Cuco y Chano, -cinco inicial-, Cospe, Álex Diz, Antonio Diz, Adrián y Cristian.
ElPozo Murcia 5: Rafa, Kike, Juampi, Miguelín y Álex, -cinco inicial-, Frankllin, Raúl Campos, Bebe, Eka, Adri y Matteus.
Goles: 1-0: Aranburu (6'). 1-1: Juampi (12). 1-2: Eka (12'). 1-3: Raúl Campos (20'). 1-4 Kike (37'). 1-5: Raúl Campos (39').
Árbitros: Contreras Tejedor e Pérez Álvarez (comité castelán-leonés). Amarelas a Iago Rodríguez, Antonio Diz, Chano e Adrián (Azkar) e a Álex e Kike (ElPozo).
Incidencias: eliminatoria de cuartos de final da Copa do Rei no Pazo municipal dos deportes de Lugo ante 500 espectadores.
O Azkar complicou o pase a semifinais do todopoderoso ElPozo Murcia (1-5). A superioridade dos murcianos, favoritos na eliminatoria, chegou no final da primeira metade, cando con tres goles remontou o tanto inicial do Azkar. Os lucenses tiveron ocasións para o 2-0, pero os visitantes aproveitaron a súa pegada en ataque para remontar. O Azkar principiou o partido con máis intensidade e marcou o 1-0 no minuto 6. Tras un tempo morto visitante, ElPozo deulle a volta ao marcador nun minuto con goles de Juampi e de Eka. Cando chegaba o descanso, a 53 segundos, ElPozo fixo o 1-3, unha diferencia excesiva e que sería insuperable na segunda parte. O Azkar buscaba o gol que o metese no partido (Cuco rematou á trabe da meta) e xa a catro minutos do final meteu a Álex Diz de porteiro-xogador. Pero dous erros dos lucenses e Kike e Raúl Campos aproveitaron para dende campo propio poñer o 1-5.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.