O delegado do Goberno descarta a intervención de Alu Ibérica

Miñones defende que o Goberno mostrou o seu "compromiso" cos traballadores a través das distintas reunións.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/10/2021 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, descartou a intervención da planta de Alu Ibérica, como reclaman os traballadores da factoría coruñesa. Mentres, en referencia á situación de Alcoa San Cibrao, dixo que a multinacional "ten que vender". Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa rolda de prensa que ofreceu para facer balance dos orzamentos do Estado para 2022 en Galicia.

Nela, e sobre as críticas dos traballadores á actuación do Goberno e os fondos de investimento industrial en comunidades como Castela e León fronte á situación da factoría coruñesa, Miñones insistiu en que o Goberno mostrou o seu "compromiso" cos traballadores a través de distintas reunións.

No entanto, dixo que a actual situación, co proceso aberto na Audiencia Nacional e a presenza dun administrador xudicial, "limita moito". "Poucas son as medidas que poderiamos establecer", apostilou.

E, aínda que asegurou que a procura dunha solución non "vai ser por falta de reunións", cualificou de "discurso pechado" a intervención. Así, defendeu que o posicionamento pasa por pór o "foco" en Alcoa para que "venda".

Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press
Concentración de traballadores de Alu Ibérica na Coruña / Comité de empresa. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta