Por Galicia Confidencial | Cee | 15/10/2021 | Actualizada ás 09:00
Unha televisión local online na Costa da Morte. Este vindeiro domingo 17 de outubro nace QPCtv.gal , unha plataforma dixital con contidos audiovisuais exclusivos para a comarca que nace da man do diario Quepasanacosta e a produtora SensorMedia.
Os suscritores poderán disfrutar de reportaxes sociais, culturais ou festeiras, pero o fío condutor desta plataforma será o Fútbol da Costa, todo un axente social que trascende o mero deporte e sempre se convirte en impulsor de iniciativas innovadoras, como son o carrusel tecnolóxico de www.futboldacosta.com ou os álbumes de cromos comarcais.
Este domingo terá lugar a primeira retransmisión en directo da historia dun partido das Ligas da Costa en directo. O Corme CF- Soneira SD que se disputa no Cairo e que abre a temporada na 1a Galicia, emitirase, desta volta, en aberto a través da ligazón qpctv.gal. Unha emisión profesional cunha despregadura de medios que consta de 4 cámaras, realización, grafismos, locutor, comentaristas e humoristas.
"O choque comezará as 17:00h pero dende as 16:30h conectaremos en directo co locutor Antón Lestón, os comentaristas Alberto Pose e Óscar Leis, o humor do Dúo Minúsculo, e todo o equipo de produción", apunta o director de QPC, Ubaldo Cerqueiro.
PLATAFORMA DE PAGO
A partir da vindeira semana, a plataforma será de pago, e será por subscripción en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1a, 2a e 3a división da liga Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.