O prazo de adhesión ao Bono Cultura da Xunta para empresas e entidades ábrese este martes

O programa ofrecerá descontos entre o 1 de novembro e o 31 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

As entidades e establecementos interesados poderán inscribirse a partir deste martes ao Bono Cultura, o programa da Xunta de Galicia que ofrecerá descontos en compras ou na utilización de servizos culturais entre o 1 de novembro e o 31 de decembro. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde coas bases da iniciativa, que abrirá un prazo de adhesión desde este martes e que se estenderá ao longo dun mes.

Así, poderanse sumar persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda ao consumidor de produtos e bens culturais e que desenvolvan a súa actividade en Galicia reunindo as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

Tamén centros ou locais públicos ou privados destinados á exhibición de produción cultural (salas de cinema, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, etc.), os museos, casas-museo ou asimilados, tanto de titularidade pública como privada, así como asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural que ofrezan produtos desta índole.

Así mesmo e desde a web 'www.bonocultura.gal', na que poderán formalizarse as inscricións, os usuarios poderán descargar o seu bono para consumir nos establecementos e entidades adheridas, a partir do 1 de novembro.

Cada usuario poderá obter un bono desconto por valor de 50 euros para gastar nos establecementos e servizos adheridos á iniciativa. En cada compra, o cliente obterá un desconto do 50%.

En total, poranse en circulación un total de 39.000 bonos para residentes en Galicia maiores de 18 anos. A iniciativa conta cun orzamento de case dous millóns de euros e prevé mobilizar preto de catro millóns no sector.

Libros. XUNTA
Libros. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta