O orzamento de Política Social crece un 3,6% en 2022 e supera os 927 millóns

Fabiola García destaca como unha "medida histórica" a gratuidade de escolas infantís.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, avanzou este martes que o seu o orzamento do seu departamento crecerá un 3,6% en 2022, de forma que alcanza os 927,4 millóns de euros. Nunha visita realizada á escola infantil Virxen de Chamarro, en Ferrol, destacou que este é o maior orzamento histórico do seu departamento, e sostén que é o dobre do que se dedicaba a este fin en 2009.

De tal forma, valora que as contas servirán para: "Seguir apoiando ás familias de todo tipo, ás que están en risco de exclusión social, aos nosos pequenos e aos seus pais, as persoas con discapacidade; ademais de seguir transformando e mellorando todas as infraestruturas sociais".

No tocante a Ferrol, a conselleira indica que o investimento social crecerá o próximo ano un 15%, ata chegar aos 30,6 millóns de euros. Por outra banda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou que a gratuidade na educación infantil de 0 a 3 anos a partir do próximo curso, anunciada no Parlamento de Galicia a semana pasada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é "unha medida histórica".

Así, "Galicia será referencia a nivel nacional a partir do próximo curso coa educación infantil para todos os nenos galegos que teñan entre 0 e 3 anos". Lembra que se beneficiarán 20.000 pequenos con este investimento de máis de 30 millóns.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, inaugura a 'Xornada de profesionais de atención temperá de Galicia' na Cidade da Cultura.. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, inaugura a 'Xornada de profesionais de atención temperá de Galicia' na Cidade da Cultura.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta