A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

31 Cabestro bloqueiro

Hunga-Hunga, Beeeeeeeeeeeeeeeeeeee,hi-ho, hi-ho, UUUUUUUUUUUUU

30 CxGalegos.

Que noxo dan os upegallos, eu voto CxG!

1 Arquiveiro

Patético intento de xerar polémica con CxG... anda, cai o bar a que che dea o ar

2 undevijo

Que é cxg?

29 Pepe das Quintas

Bildu mellor que ERC! Mi madriña estes do BNGUPG van rematar sendo unha seita ben pequena!

28 Manoel

A Afirmación de Galicia Confidencial de "En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor." paréceme que ignora o posible fracaso de BNG e Bildu se quedan sós. Sen a CUP Bildu e BNG téñeno moi difícil

1 Galego

É verdade, era melhor ir com a direita espanhola de PP-PSOE-IU e assim tinham a paparota assegurada. Para a Galiza, melhor Ana Miranda 6 meses que Cayo Lara 4 anos. Para além de que Bildu, como aliado leal e representante duma nação atlântica irmã, também defenderá melhor os interesses da Galiza do que qualquer dos corruptos de secano de IU ou as suas meretrizes de Lanueva. Do resto, a coligação BNG-Bildu pode fracassar ou ter sucesso, Lanueva já fracassou quando se vendeu barata aos interesses do espanholismo mesetário. Eu votarei polos que têm princípios e não polos vendidos oportunistas.

2 Olaf Thörsen

Unha nova cultura política significa venderse á esquerda española por un eurodeputado. Cada vez é máis evidente que facer as cousas de diferente maneira era todo un conto. O importante non é construír un suxeito libre e democrático forte para Galiza senón que o BNG leve o maior varapau posíbel. Dentro de todo, para min o menos malo que hai en política arestora é o BNG. ANOVA empeza a cheirar mal...semella o BNG de antes de Amio.

27 Nacionalista Galego

Ir con Bildu e non con ERC,outra estratexia lamentable do BNGUPG,coma todas as estratexias emprendidas dende hai 10 anos. As veces penso que é a CIA a que dicta as decisións da UPG...