A posición da UPG de ir con EH-Bildu arrasa no BNG

A posición defendida por Xabier Vence obtén só un 8,4% dos apoios e a de Abrente, menos, un 5,8%. As formacións desta coalición repartirán o escano en función dos votos que obteñan.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/02/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

EH-Bildu e as CUP --se este grupo decide, finalmente, ir as eleccións-- serán os compañeiros de viaxe do BNG nas europeas de maio. Así o decidiu unha ampla maioría dos militantes do BNG nas distintas asembleas comarcais que esta formación celebrou por todo o país e que concluíron a pasada semana.

Xabier Vence e Francisco Rodríguez
Xabier Vence e Francisco Rodríguez | Fonte: X.A.

Deste xeito, a postura que defende a UPG e, en menor medida, o MGS, saíu triunfante co 85,4% dos votos. Un respaldo que deixa en mal lugar as outras dúas opcións; a de ir con ERC ou a de concurrir nunha candidatura galega.

A primeira era a que defendía o portavoz nacional do BNG, Xabier Vence, ou a ex eurodeputada e candidata, Ana Miranda. De feito, estes dous dirixentes foron os que máis vehementemente defenderon esta opción ata o final do proceso. 

A opción de Vence: ERC

Fontes de ERC consultadas por GC suliñan que houbo canles abertas de comunicación ata que o Consello Nacional do Bloque decantouse pola vía de EH-Bildu. E é que neste órgano, como o resto dos da formación frontista, están dominados pola UPG. 

Segundo estas fontes, ERC ofreceulle ao BNG compartir o segundo escano --xa que contan con ter un fixo--. Este escano sería repartido entre ERC e o BNG en función da porcentaxe de voto que as dúas formacións obtiveran nas eleccións.

A opción da UPG: EH-Bildu

O mesmo método é o utilizado tamén con EH-Bildu. Segundo fontes da coalición vasca consultados por GC, o acordo ao que chegaron os dirixentes do Bloque con eles é a repartirse o escano en función da porcentaxe de votos das dúas formacións. O mesmo acontecerá se as CUP deciden entrar nesta candidatura, algo que decidirá a súa militancia o vindeiro 9 de marzo.

En todo caso, e de entrar a formación catalana, as perspectivas de visibilidade do BNG neste coalición quedarán moi mermadas porque o escano terá que dividirse por tres en función dos votos de cada grupo, co cal, a permanencia de Ana Miranda en Europa, será menor. Nesta lexislatura que remata, a ex eurodeputada estivo 18 meses no Parlamento Europeo, dun periodo de cinco anos.

A opción de Abrente: candidatura galega

Tamén os apoios á opción que defendía Abrente, o colectivo que lidera Carlos Aymerich, foron residuais. Só o 5,8% --dous puntos menos que a postura de Vence-- dos militantes apostaron porque o BNG configurara unha candidatura galega a estes comicios.

Campaña "propia"

Nun comunicado remitido á militancia, a Executiva do BNG insiste en que, a pesar deste pacto, o BNG desenvolverá a súa propia campaña, co seu programa específico, "en función exclusivamente dos intereses de Galiza, e con papeletas do propio BNG".

Esta candidatura fundamentase na defensa dos intereses de Galiza, da súa soberanía, un "combate ao modelo económico e social" da Unión Europea e da Troika e a deefensa dos principios "democráticos, da soberanía e independencia dos pobos, da paz, do antiimperialismo, dos dereitos humanos, da igualdade, da xustiza e da diversidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 70 comentarios

26 Xan ate as bolas

Quedade fora e a ostia limpa resolvede as diferenzas. Non hai cousa mais ridícula que as descalificacións, e ameazas por Internete. O normal cando un sintese atacado é que reaccione...pero é que estades chegando a un nivel do mais baixo. Un quere ler comentarios que aporten dende as diferentes partes, porque senon aportas formas parte do problema. O millor é que cada un se adique ó seu, por arranxar os problemas das casas veciñas, non resolves os da tua.

25 Xan ate as bolas

Quedade fora e a ostia limpa resolvede as diferenzas. Non hai cousa mais ridícula que as descalificacións, e ameazas por Internete. O normal cando un sintese atacado é que reaccione...pero é que estades chegando a un nivel do mais baixo. Un quere ler comentarios que aporten dende as diferentes partes, porque senon aportas formas parte do problema. O millor é que cada un se adique ó seu, por arranxar os problemas das casas veciñas, non resolves os da tua.

24 eusi

E pobres dos que votaran en contra: simplemente lle cortarían as pernas, como viñeron facendo nos últmos decenios a todo "díscolo" da oficialidade seitária.

1 Renova

Mais pernas están a cortar en Anova e levan 4 días.

23 unmaisdeTEO

Martinho atende o concello e deixa de Trolear por que o tes feito unha meerda

1 eusi

As poucas neuronas que vos fican deberiades empregalas para ver como os de Bildu non vos deixan á marxe: "perritos falderos"

22 Un vello galeguista espectante

Penso que os que aqui atacan á UPG están nun tremendo erro. Creo que esta vai ser a oportunidade para que saibamos realmente como se estructuran as bases do nacionalismo galego. Temos tres opcións claras. Os resultados vannos dar a clave de se, efectivamente, Paco Rguez, e os seus teloneiros tñen razón coa súa postura numantina; se Beiras está acertado en apostar pola esquerda ainda que trema o nacionalismo ou se os galegos son nacionalistas pero sen tirrse ao monte. Iso creo eu.

1 Xistral

Que é iso de tirarse ao monte? É o que din os do PPSOE cando algo non lles interesal, é un termo de acuñación propia..., é que nunca entendían en xente que se di enterada, progresista..etc que repitan coma loros o que di o poder...

2 xaab

Xistral... eres o comisario político de garda ou que??? que pasa que aquí so poden opinar os policamente corretos??

3 Un vello galeguista espectnte

Eu non sabia que as cousas que non gustan van sempre asociadas ao Poder. Aos meus anos non preciso copiar de ninguén. Teño sobrada experiencia nestas lides que podo ter opinión propia; outra cousas é que a vos nos vos gunte. a min non me dictan PP nen PSOE. Sempre militei moi lonxe dos seus postulados.Acaso non se pode dicir que Galicia ten agora tres opcións nacionalistas para elixir?