Evacúan en helicóptero un traballador que caeu desde oito metros en Carballeda de Avia

O suceso tivo lugar ás 15,30 horas deste venres nas proximidades do campo de fútbol local, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2021 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

Un traballador foi evacuado a un hospital en helicóptero despois de sufrir unha caída desde un tellado a oito metros de altura en Carballeda de Avia.

O suceso tivo lugar ás 15,30 horas deste venres nas proximidades do campo de fútbol local, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

Desprazado ao momento do accidente laboral, o helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 recolleu á vítima para o seu traslado a un hospital.

Helicóptero do 061 nun incidente
Helicóptero do 061 nun incidente | Fonte: @HelicoSantiago -Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta