Sobre a memoria enerxética

A enerxía nuclear é a enerxía máis limpa e segura que existen na actualidade, así como rendible. Francia xera máis do 75% da súa electricidade coa enerxía nuclear, e por iso emite 10 veces menos Gases Efecto Invernadoiro ( GEI) que Alemaña. ¡Dez veces menos!. Alemaña xa comunicou que non vai pechar os seus centrais térmicas de carbón, senón que vai construír máis térmicas. Tamén aposta polo Gas de Rusia.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 02/11/2021

Comparte esta noticia
O goberno de España e o autonómico galego hai 40 anos fixo o oposto a Francia e na actualidade fan o contrario a Alemaña. Galicia tivo unha oportunidade para dar o gran salto adiante no seu desenvolvemento industrial. No seu día íanse investir 100.000 millóns de pesetas no proxecto atómico de Xove. Crearíase traballo para 2.000 persoas, e atraería industrias que necesitan gran potencial eléctrico. Nada diso fíxose. 
 
O 28 de maio de 1982 o Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia informaba que o goberno autonómico non era partidario de construír a Central atómica de Xove, en Lugo. E sobre o déficit enerxético que produciría a factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián, o conselleria afirmaba que "esta industria non necesita da central nuclear de Xove".
 
 40 anos despois desas afirmacións do goberno autonómico, asistimos á realidade da crise eléctrica, e ao peche das factorías de ALCOA, e da factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián. O que valía para Francia non interesaba en Galicia. A factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián foi inaugurada un luns 6 de outubro de 1980. O complexo industrial era un do tres máis importantes do mundo no seu xénero, xunto cos xa existentes en Estados Unidos e Canadá. Xeráronse no seu día 1.600 empregos. No ano 1998 a empresa foi vendida á empresa Alumnium Co. of America ALCOA.
 
 Hoxe Galicia carece de central atómica,  necesita de electricidade barata, ALCOA e a factoría de Alumina-Aluminio de San Ciprián pechan. Tamén se pecha a central térmica de Endesa, mentres que Alemaña, Polonia ou Marrocos constrúen máis térmicas. Marrocos tamén constrúe atómicas. E Francia produce a súa electricidade atómica e non contamina. 

Lámpada de electricidade
Lámpada de electricidade | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA