A conselleira do Mar ve "moi positivo" o apoio da UE á supresión do IVE do peixe

Rosa Quintana cre que "como mínimo" debería reducirse do 10 ao 4%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A conselleira de Mar, Rosa Quintana valora "dunha maneira moi positiva" a decisión da Unión Europea de apoiar a redución do imposto do IVE ao 0% para os alimentos considerados saudables, como é o caso do peixe. Respecto diso, Quintana indicou que o seu departamento leva moitos anos "traballando e tentando convencer" a distintos gobernos da necesidade de reducir o IVE do peixe.

Neste sentido, lembrou que, na primeira edición do Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible na Dieta Atlántica, organizado pola Xunta de Galicia, catedráticos de diferentes rexións puxeron en valor a necesidade de ter unha boa alimentación para ter unha boa saúde. "Por tanto, entendemos que todo aquilo que axude a favorecer o consumo destes alimentos en fundamental".

Aínda que defende que esa supresión do IVE para o peixe sexa total, avoga porque, "como mínimo", se reduza do 10 ao 4 por cento.

"Se dalgunha maneira é posible eliminar ese IVE, benvido sexa porque eu estou convencida de que contribuirá a fomentar o consumo de peixe, a que teñamos todos unha mellor alimentación e a que, grazas a iso, dependamos menos da sanidade", sinalou.

A conselleira de Mar, Rosa Quintana, nun acto en Vilagarcía.. XUNTA
A conselleira de Mar, Rosa Quintana, nun acto en Vilagarcía.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta