Convocan mobilizacións en Galicia para que a idade de xubilación volva aos 65 anos

Asociacións de pensionistas piden a dimisión de Escrivá e o freo á súa reforma do Pacto de Toledo, feita "ao servizo da banca".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2021 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

Sete asociacións chaman a mobilizarse contra o novo plan de pensións anunciado polo ministro Escrivá, que consideran un paso en favor dos "recortes" e as "pensións de miseria". Para evitar un plan que, de acordo con Mondepen de outras plataformas do Estado abre a porte a plan de pensións privados, chaman á mobilización o vindeiro 13 de novembro nas capitais das distintas Comunidades do Estado.

Decenas de xubilados concéntranse na Praza do Obradoiro convocados pola plataforma Pensionistas Compostela, en 2019
Decenas de xubilados concéntranse na Praza do Obradoiro convocados pola plataforma Pensionistas Compostela, en 2019 | Fonte: Arquivo

As plataformas expresan así o seu desacordo co co Pacto de Toledo e co plan do Goberno de reforma das pensións que o desenvolve, liderado polo ministro Escrivá, quen, a ollos das asociacións "non ten en conta as reivindicacións urxentes polas que vimos loitando desde fai máis de tres anos e que non poden esperar nin un día máis". Por iso reclaman a dimisión de Escrivá: "a reforma que esperamos do Goberno é blindar as Pensións Públicas, dignas xustas e suficientes e facer efectivas as nosas reivindicacións".

Esta nova reforma, a terceira en 10 anos, daríase, a ollos das asociacións, "ao ditado da banca e do poder financeiro". De aí que, segundo as mesmas fontes, se vaia traducir --"se non somos capaces de evitalo"-- en "recortes das futuras xubilacións, en un plan de privatización do Sistema Público de Pensións". Ademais, subliñan, tampouco garante a capacidade adquisitiva das pensións a partir do 2022, ao establecer un sistema de cálculo do IPC que non permite revisar os recortes ata pasados cinco anos.

Por iso piden que as pensións se equiparen ao SMI e cheguen a polo menos un 60% do salario medio, de acordo coas recomendacións da Carta Social Europea. Á parte, demandan derrogar as reformas desenvoltas polo PP sobre o pacto de Toledo e retomar a xubilacións aos 65 anos para "crear emprego, mitigar a pobreza e a brecha de xero" e rematar coa fenda de xénero en salarios e prestacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta