Unha peregrinaxe dende Costa da Morte ata Compostela reclamará acabar co déficit de pediatras e matronas

Uniranse o día 14 á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/11/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Acabar coa precariedade  "que se agrava cada día" dos servizos de pediatría e matronería na Atención Primaria é o obxectivo que perseguen as usuarias e usuarios da Asociación Pediatras e Matronas XA, que veñen de organizar unha "peregrinación simbólica"  desde a Costa da Morte ata Compostela. A andaina chegará á capital galega o día 14, cando terá lugar a Manifestación na Defensa da Sanidade Pública convocada por SOS Sanidade Pública, e na que animarán a que "se escoite alto e claro 'Salvemos á Atención Primaria'”.

Máis de mil persoas participaron nunha manifestación en Cedeira para pedir un pediatra
Máis de mil persoas participaron nunha manifestación en Cedeira para pedir un pediatra | Fonte: Revolta dos chupetes

Segundo explican dende a asociación, aínda que nesta ocasión a marcha sae dende a Costa da Morte, un dos territorios máis afectados nos que xa se peregrina a diario na procura dunha atención primaria de pediatras e matronas,"podería iniciarse dende prácticamente calquera punto de Galicia". Así, denuncian que en moitos concellos, sobre todo en zonas rurais, os máis pequenos medran sen referentes sanitarios estables e nun panorama no que os pediatras escasean e habitualmente son sustituidos por facultativos que, como moito, teñen un curso de puericultura.

A Asociación Pediatras e Matronas XA censura que non se cubran baixas, vacacions ou permisos, e o Sergas opte por "deixar sen servizo ós centros de saúde e derivar a outros centros que acaban colapsados, ou mesmo ás urxencias hospitalarias". Asimesmo, apuntan que as matronas en primaria escasean, nalgúns centros nin existen se o fan é con

horario reducido ou con axendas saturadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Damián

Diversas plataformas de defensa da Sanidade Pública partirán dende os respectivos concellos do Baixo Miño para deter esta sangría