A sanidade privada, tamén "saturada": "temos déficit de persoal en todas as categorías"

Persoal do Quirón da Coruña mobilízase para demandar unhas condicións salariais e laborais "dignas".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A estabilización relativa da covid --que en Galicia se aproxima xa aos 1.000 casos-- está a deixar na comunidade un longo regueiro de mobilizacións a prol das recuperación da sanidade galega, en particular do relativo á atención primaria. Nas últimas horas, ao colectivo da sanidade pública véñenselle de sumar as protestas dos traballadores da privada, que se mobilizan para esixir "condicións salariais e laborais dignas".

Hospital Quirón da Coruña
Hospital Quirón da Coruña | Fonte: quironsalud.es

A mobilización tivo lugar na Coruña ás portas do Hospital Quirón e vén convocada pola CIG. O acto desenvolto diante do edificio coruñés supón reomtar así unhas manifestacións de cara á fin das "discriminacións salariais", demanda que iría aparellada tamén a unhas condicións de traballo "dignas". No fondo, as reclamacións van parellas ao caso da sanidade pública, xa que tamén aquí se dá conta dunha falta de efectivos, insuficientes para facer fronte á "gran carga asistencial que existe".

A problemática da pandemia tería demorado --e agravado-- así un problema que vén de longo; xa que, segundo destaca a CIG, o persoal do Quirón da Coruña leva tempo xa cunhas demandas "históricas" orientadas á duración da xornada, a nocturnidade e a posibilidade de dispoñer de domingos e festivos como días libres. "Nos últimos anos os traballadores e as traballadoras sufriron unha progresiva vulneración dos seus dereitos laborais máis básicos, que se veu agravada pola pandemia da Covid-19", inciden dende a plataforma.

BENEFICIOS "MILLONARIOS"

A presidenta do órgano de representación, Laura Méndez, critica tamén que "a pesar de ser o maior grupo sanitario privado do Estado e dos beneficios millonarios que obtén", as condicións que ofrece o Quirón son "de auténtica precariedade". "Isto provoca que os e as profesionais fuxan do hospital na procura dun entorno laboral digno e que o centro hospitalario da Coruña padeza un déficit estrutural de persoal en toda as categorías, que afecta en maior medida á Enfermería", destaca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta