Por X.M. Fernández | Ourense | 16/12/2021 | Actualizada ás 11:53
O acordo de compra de 4.100.000 quilos de castaña foi ratificado días atrás polo presidente do grupo Coren, Manuel Gómez-Franqueira Álvarez, e Jesús Quintá, xerente de Alibós, principal empresa colleitadora e transformadora de castaña en Galicia na actualidade. Tal cantidade de quilos representa, segundo refiren na cooperativa, unha achega económica ao campo galego duns 6.350.000 euros.
A castaña adquirida integramente en Galicia pasa por un proceso de pelado, cocción e posterior conxelado para poder conservala co fin de destinar á alimentación dos seus porcos da gama ‘Selecta’ durante todo o ano.
Coren, un xigante no sector da alimentación, aposta por xerar riqueza no rural galego sendo a compra de castaña autóctona unha das accións que enmarcan na súa Política de Responsabilidade Social. A súa gran demanda deste produto busca tamén preservar e fomentar o aproveitamento dos soutos galegos pois, segundo estudos do sector, unha plantación de castiñeiros coidada e con variedades de valor engadido é un cultivo rendible.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.