A autorización "ilegal" de verquidos da Xunta á mina San Finx pon en risco ao marisqueo da zona

Ecoloxistas en Acción vén de presentar alegacións contra a autorización de verquidos que a Xunta de Galicia pretende outorgar á mina de Lousame.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/12/2021 | Actualizada ás 22:19

Comparte esta noticia

Organizacións ecoloxistas, varias confrarías de pescadores e concellos da ría de Muros-Noia coinciden nunha apreciación: a tramitación de autorización de verquidos á mina de San Finx (en Lousame), iniciada en 2016, é "totalmente ilegal" e evidencia a "corrupción sistémica" por volta dos proxectos mineiros. É por iso que Ecoloxistas en Acción vén de presentar esta semana alegacións contra a autorización de verquidos que a Xunta de Galicia pretende outorgar á mina.

Muro contención balsa San Finx
Muro contención balsa San Finx | Fonte: Contraminacción

A pesares de que a Xunta tiña constancia das verteduras da mina dende hai anos, denuncia a organización ecoloxista, Augas de Galicia escudouse na existencia do procedemento de autorización de vertidos para non aplicar as correspondentes sancións nin o canon de control de vertidos. O resultado, aforrarlle á empresa máis de 30 millóns de euros nos 5 últimos anos. Para Ecoloxistas en Acción, esta práctica implica presuntos delitos de malversación, prevaricación e encubrimento, que irá denunciar de contado.

A mina de San Finx vén provocando contaminación "continua" por metais pesados no curso fluvial contiguo e na ría de Muros e Noia, que ademais de formar parte da Rede Natura 2000 (LIC Esteiro do Tambre), é unha das máis importantes zonas de marisqueo de toda a costa galega. Fronte aos impactos demostrados, o proxecto agora sometido a información pública, pretende non tratar as augas procedentes da escombreira e tampouco presenta ningunha medida para despois do peche da mina. O propio proxecto de tratamento é "totalmente irrealista" conforme un informe presentado polas Cofrarías de Noia e Portosín e máis o Concello de Muros.

As alegacións de Ecoloxistas en Acción lembran que en 2009 se retomou a explotación mineira mediante un proxecto de explotación e un plan de restauración aprobados nese mesmo ano sen someterse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, sen realizar calquera consulta ao órgano ambiental ou restantes órganos sectoriais (incluíndo o hudráulico) nin a información pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta