A avaría dun tren en Ordes afecta a catro convois e xera atrasos dunha hora e 45 minutos

A incidencia resolveuse ás dez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

A avaría de tracción que sufriu un tren que saíu da Coruña ás 8,00 horas e que debía chegar ás 9,20 horas a Vigo afectou a un total de catro servizos --outros dous de media distancia e un Alvia con destino a Barcelona-- aos que xerou atrasos medios dunha hora e 45 minutos.

Segundo informan fontes de Renfe consultadas por Europa Press, a incidencia técnica produciuse ás 8,15 horas á altura de Ordes, e resolveuse ás 10,00 horas, tras varias manobras ferroviarias.

Esta avaría afectou, ademais da o tren en cuestión, a outros dous de media distancia e a un servizo Alvia que se dirixía a Barcelona, con atrasos medios de case dúas horas.

Tren c. RENFE - Arquivo
Tren c. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta