Ourense volverá mobilizarse no 2022 contra o "desmantelamento" da atención primaria

"Os traballadores, xunto coa cidadanía, sofren está mala situación da sanidade", lamentaron desde CCOO e SOS Sanidade Pública.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras e a plataforma SOS Sanidade Pública anunciaron en Ourense un novo calendario de mobilizacións a partir de 2022 co fin de denunciar o "desmantelamento" da atención primaria por parte do Goberno autonómico.

A secretaria de Política Social de CC.OO., Maica Bouza, criticou a redución do orzamento para as políticas sanitarias. "Os traballadores, xunto coa cidadanía, sofren está mala situación da sanidade", lamentou. Así, censura a situación "precaria" dos profesionais, que "queren prestar un traballo en condicións dignas".

Deste xeito, sinalou que "hai un sistema perverso" por "parte do PP ao longo de toda Galicia" que se basea en "dúas falacias". A primeira, a pretensión de que se realicen xestións vía Internet, "que é pouco viable dado que gran parte da comunidade carece de banda ancha"; e a segunda, "a mala calidade da xestión en canto ás xornadas e as prazas dos traballadores".

Rolda de prensa de CCOO en Ourense
Rolda de prensa de CCOO en Ourense | Fonte: Europa Press

RASTREXADORES

Así mesmo, criticou que a empresa que se contratou para o rastrexo da pandemia, cun orzamento reducido, "non ten capacidade para xestionar o volume actual de casos covid". "Non se atenden as chamadas, non se sabe onde están as PCR. Non se está facendo un bo seguimento nin de contaxiados nin das persoas de contacto", alerta. Todo iso, segundo recrimina Bouza, porque "a empresa coa que se subcontrataron" os rastrexos "non ten capacidade". "Se non é igual en toda Galicia", polo menos "é así na provincia da Coruña", sostén.

Con respecto ao calendario de mobilizacións non avanzaron datas nin lugares, pero si que tras as vacacións de Nadal realizarán "un balance" dos orzamentos da Xunta e, con base a iso, elixirán as accións que levarán a cabo. Con todo, sinalaron que a mobilización "é continua". Remarca que a poboación "está en pé de guerra", mentres valora como "positivas" as últimas mobilizacións na provincia de Ourense.

"Pedimos unha sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade", sentenciaron por parte de Comisións Obreiras. "A mobilización non é en contra dos traballadores que están igual de afectados", aclaran.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta