(Vídeo) Benvido, mister AVE: Ourense parodia a chegada da alta velocidade nun vídeo cargado de crítica social

SOS Ourense reflexiona sobre os problemas de conectividade interior de Galicia e a emigración en ton humorístico ante a chegada do AVE a Ourense. O vídeo ten en poucas horas máis de 10.000 visualizacións.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 21/12/2021 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

A chegada do AVE a Ourense deixou na xornada de onte moitas caras coñecidas da política estatal e galega pero tamén moita crítica social. A plataforma SOS Ourense vén de compartir un vídeo no que, con moita retranca, fai unha fonda crítica social sobre os problemas de conectividade interior en Galicia e reflexiona sobre a emigración da veciñanza, que parte na procura de traballo a Madrid.

Fotograma da película 'Benvido, mister Marshall'
Fotograma da película 'Benvido, mister Marshall'

O vídeo intercala imaxes do filme 'Benvido, Mister Marshall' e imaxes dalgunhas das marchas da plataforma SOS Ourense, na que se integran ducias de entidades. Baixo a descrición 'Imaxes a pé de rúa da cidadanía Ourensá dando a benvida ao Futuro. Todo Emoción. Gracias Feijóo, gracias Baltar, gracias Jácome!', o vídeo ten en poucas horas máis de 10.000 visualizacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

¿ E logo querían que a alta velocidade non chegase a Galicia, ou pensan que é algo malo que chegue? Non comprenso, sinto. Os problemas de " conectividade" en Galicia serán no transporte público, porque en transporte privado podes chegar a onde queiras.