Miñones acusa á Xunta de estar "de brazos cruzados" en Ferrol e defende os investimentos do Goberno

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, defendeu os investimentos do Estado na comarca de Ferrolterra e acusou á Xunta de estar "de brazos cruzados" ante a crise industrial que atravesa a zona.

Este martes, o representante do Executivo central na Comunidade galega replicou ao vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, que o pasado luns censurou a falta de resposta do Goberno ante a solicitude de realizar "un Pacto de Estado" por Ferrolterra.

Para Miñones, o "mellor pacto" que se pode facer pola comarca da cidade naval son os investimentos que, di, pon a sobre a mesa o Executivo central, entre as que citou a construción nos estaleiros de Navantia das fragatas F-110 ou o desenvolvemento de proxectos para áreas afectadas polo peche de centrais térmicas.

Nun comunicado, o delegado asegura que o Goberno "tivo que insistir durante meses" para que a Xunta "decidise asinar" o protocolo para este último investimento, o que evidencia que o Goberno galego, segundo Miñones, "segue estando de brazos cruzados". Así mesmo, o delegado do Goberno sinala que "precisamente" este martes sae publicado no DOG a licitación da reforma integral da avenida das Pías, que serve de entrada na cidade naval.

TURISMO TERMAL EN OURENSE

Por outra banda, o BOE tamén publica este martes a orde da Secretaría de Estado de Turismo que ratifica o convenio entre Goberno, Xunta e Deputación de Ourense para executar o plan de sustentabilidade turística 'Ourense Termal'.

En concreto, o proxecto conta cun orzamento total de case 3,1 millóns de euros, dos cales, 1,35 millóns son achegados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

O primeiro buque AOR construído por Navantia en Ferrol para a Armada de Australia.. CEDIDA
O primeiro buque AOR construído por Navantia en Ferrol para a Armada de Australia.. CEDIDA | Fonte: J.V. MONTERO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta