Comeza o Iacobus, o Erasmus galego-luso, vetado aos alumnos

O seu obxectivo é potenciar a cooperación en materia de investigación. Pero quedará limitado só a docentes e profesores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/04/2014 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

As universidades do Norte de Portugal e as de Galicia asinan este venres un protocolo que prevé non só o intercambio de investigadores  internacionais, senón tamén a realización de cursos e investigacións en conxunto. É o Iacobus, o coñecido como Erasmus galego-luso.

Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC
Estudantes no Pazo de San Xerome, sede da USC | Fonte: sostenibleycreativa.org

Sen embargo, o proxecto nace orfo desde o seu nacemento xa que exclúe ao estudantes. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, confirmou que do "Iacobus só beneficiará aos docentes, investigadores e persoal administrativo.

O seu obxectivo, é que o Noroeste peninsular deixe de ser o "punto máis feble de Europa nestas áreas" a través da cooperación con institucións doutros países, en especial da América Latina, segundo recolle un comunicado emitido polo Consello de Reitores das Universidades portuguesas e das galegas.

Con este proxecto, que tamén prevé a creación de cursos e investigacións conxuntas, os consellos de reitores de Portugal e Galicia, pretenden atraer, cada vez máis, aos investigadores de todos os países de Latinoamérica.

O programa comeza con cláusulas sobrantes do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España -- Portugal (POCTEP). Pero será un proxecto-piloto só para estudantes do ano letivo de 2014/2015. 

Portugal xa conta financiamento privado e público para este programa educativo, que é moito máis feble no caso de Galicia. Aquí, hai dificultades para atopar unha entidade financieira que subvencione as bolsas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 De EXpaña nin bó vento.,,,.

Noraboa, aparte semella cousa sería e ten un carácter instructivo, non coma as becas Orgasmus para emborracharse e facer o pallaso por media Europa, promovida pola UE dos mercachifes e reino dos babuinos. Feitas para facer das novas xeracións meros manicleques narcotizados polo hedonismo e consumismo.

1 teutonio

Ou non pinaches no erasmus ou quedaches a ougar porque non fixeches unha bolsa desas.

2 Pinante

Definitivamente estes do BNUPG non deberon pinar moito, nin fora, nin dentro. Coitados