Aberto o prazo para solicitar axudas á promoción do viño galego fóra da UE

Poderanse inscribir novas solicitudes ata o 14 de xaneiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2022 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

O prazo para solicitar as axudas á promoción do viño galego en países de fóra da Unión Europea permanecerá aberto ata o vindeiro venres 14 de xaneiro. Estas subvencións, xestionadas pola Consellería de Medio Rural contan cun importe de 2,1 millóns de euros, dos que 1,1 millóns están asignados a este ano e o millón restante ao 2023, segundo informan nun comunicado.

Explican así que poderán acollerse ás subvencións as empresas vinícolas, as organizacións de produtores e as súas asociacións, así como os órganos de xestión e de representación das denominacionesde orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas de viño e as cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

Tamén se poderán beneficiar destas axudas as entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins "a promoción exterior dos viños, as organizacións profesionais e interprofesionais do sector e as asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño".

As accións e actividades de promoción que se poden levar a cabo son todas as relacionadas con dar a coñecer as características dos viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como os viños varietales. Entre as accións promocionais, destácanse campañas publicitarias, misións comerciais, promocións en puntos de venda, catas, feiras, presentacións de produto, xornadas, seminarios, degustacións, etc.

Sober, terra de viño. Maduración da uva en 'Amandi'. Foto: Concello de Sober
Sober, terra de viño. Maduración da uva en 'Amandi'. Foto: Concello de Sober

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta