Multan con 500€ a varios mozos de Lugo por reunirse na rúa en horario restrinxido

A Policía Local atopounos ás 4 da mañá nunha rúa do centro. Non especifican se estaban a consumir alcol.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A Policía Local de Lugo identificou e propuxo para sanción de 500 euros a seis mozos non convivientes por reunirse na rúa pasadas as 4,00 horas a pesar de estar limitado entre as 3,00 e as 6,00 horas soamente a convivientes no marco das medidas establecidas en Galicia pola pandemia da Covid-19.

Segundo informou a Policía Local, ás 4,15 horas deste 12 de xaneiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou na rúa Armórica unha reunión de seis novos non convivientes. Por iso, estas persoas foron identificadas e propostas para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia, posto que desde o pasado 31 de decembro entre as 3,00 e as 6,00 horas a permanencia de grupos de persoas en espazos públicos está limitada a convivientes. A Policía Local lembra que este incumprimento leva multas de 500 euros para cada un dos mozos denunciados.

Dous vehículos da Policía Local, nun control policial para evitar botellóns e aglomeracións
Dous vehículos da Policía Local, nun control policial para evitar botellóns e aglomeracións | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta