Caza a cambio de comida: polémica por unha montaría benéfica en Ourense que implica a Cáritas

Ecoloxistas en Acción insta á Xunta a controlar este tipo de eventos e pide a cancelación definitiva da actividade, que polo momento foi aprazada.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/01/2022 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

De "circo ecuestre de monterías e batidas" ou "terrorismo animal" calificaba a organización Ecoloxistas en Acción a actividade 'Montería feminina benéfica solidaria' que impulsa 'A Verdade da Caza' en Ourense. Unha actividade que era difundida o pasado 8 de xaneiro polo grupo de cazadores e que corría como a pólvora nas redes sociais de diferentes entidades conservacionistas da provincia. Agora, por mor da situación sanitaria, é oficial o aprazamento desta actividade pero dende Ecoloxistas en Acción instan á cancelación "total e absoluta" da convocatoria.

Resposta vía Twitter de Cáritas Ourense a Ecoloxistas en Acción pola montaría de caza benéfica.
Resposta vía Twitter de Cáritas Ourense a Ecoloxistas en Acción pola montaría de caza benéfica. | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Porque a entidade afirma seguir, con todo, nun "estado de incredulidade e consternación" ante unha montería de caza a cambio de 1 kg de comida para os comedores sociais de Cáritas Ourense. Un "peculiar evento benéfico" polo que pediron explicacións tamén a Cáritas, que aseguran non patrocinar nin ter costancia da acción.

Dende Ecoloxistas en Acción destacan que se non fora polo compromiso cidadán e a súa preocupación polo benestar "non só dos animais senón de todos en xeral", esta acción e outras "deshonestas" ocorrerían a diario. "Cousas como estas deberían estar controladas pola Xunta de Galicia e os Concellos", censuran, ao tempo que sinalan que hai uns meses a conselleira Ángeles Vázquez se reuniu telematicamente cun grupo de cazadores mentres que "ás asociacións ecoloxistas nin nos respondeu cando solicitamos ter tamén unha reunión con ela". 

Os ecoloxistan reiteran a necesidade de cancelar esta "inaceptable" convocatoria e apuntan que "nada que leve a palabra 'Benéfico' ou 'Solidario' pode ir acompañado do sufrimento e morte de calquera especie por lecer ou entretemento".

Programación dunha montaría benéfica en Ourense.
Programación dunha montaría benéfica en Ourense. | Fonte: Ecoloxistas en Acción.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta