Chega a Cuba a mostra do Consello da Cultura Galega sobre a conexión entre Alfonso X o Sabio e Galicia

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/01/2022 | Actualizada ás 20:37

Comparte esta noticia

A mostra do Consello da Cultura Galega sobre a conexión entre Alfonso X o Sabio e Galicia inaugúrase este martes, 25 de xaneiro, en Cuba (Facultade de Artes e Letras).

Exposicion sobre Afonso X
Exposicion sobre Afonso X | Fonte: CCG.

Esta exposición realízase no marco do programa da VII edición de 'Confluencias medievais. 800 anos de sabedorías'. A Cátedra de Estudos Galegos da Universidade da Habana organiza esta cita anual que busca difundir o patrimonio artístico e cultural da Idade Media, con especial atención á cultura galega.

Á cita asistirá a directora da Cátedra de Estudos Galegos, Arantxa Fernández, e da conselleira cultura da Embaixada de España en Cuba, Laura López García.

A exposición, que estará aberta ata abril, documenta unha faceta pouco coñecida do rei 'Sabio' e mostra a súa influencia a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais que mostran o esplendor da cultura galega na etapa medieval.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta