A CIG alerta do plan de Xunta para repartir 5'3 millóns ás residencias de maiores privadas

Denuncian que os novos centros son só "aparcadoiros" de maiores, sen servizos especializados e de coidados.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O anuncio da Xunta de Galicia de cara á apertura de 80 'Casas do maior' vén de ser respostado con duras críticas da banda da Confederación Intersindical Galega (CIG), que acusa á administración autonómica de pretender "privatizar"o servizo de residencias da Comunidade coa construcións duns "aparcadoiros" de anciáns.

Arquivo - Varios maiores nunha das salas da Residencia de maiores de Carballo, a 19 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios maiores nunha das salas da Residencia de maiores de Carballo, a 19 de xuño de 2021, na Coruña, Galicia. M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Para a CIG, estas Casas do maior "constitúen a proba do desmantelamento dos servizos públicos" desenvolto baixo a adminsitración de Feijóo, e apuntan, neste aspecto, ao compromiso da administración popular de repartir 5,3 millóns de euros para empresas privadas. "Na CIG-Autonómica criticamos a medida por falta de control de servizos e promover 'aparcadoiros de anciáns' en lugar de investir en centros de xestión pública garantes de bo servizo e condición laborais. Denuciamos tamén o desmantelamento progresivo dos servizos de atención aos maiores por mor das políticas do goberno do PP", explican.

Segundo describen dende a plataforma, estes centro poderían acoller a cinco usuarios con só unha persoa dispoñible para atender e transportalos a todos. Do mesmo xeito, inciden en que os plans da Xunta "non prevén ningún tipo de atención especializada e profesional para o benestar e garantir unha atención axeitada para as súas necesidades".

De aí tamén que a CIG rexeite "tanto este modelo mínimo como tamén as macrorresidencias que non son garantes de atención nin de dereitos laborais". En troques, lanzan unha proposición para o "fortalecemento" da atención no seu propio domicilio complementada con servizos sociocomunitarios. "E cando non sexa posible esa atención domiciliaria debérase acudir a centros de dia próximos e cos servizos completos", engaden.

"INVESTIR NO PÚBLICO"

De xeito semellante, inciden na dispoñibilidade de multitude de centros ligados á administración pública que, ao seu ver, adoecen unha falta de investimento de longo percorrido. "Hoxe xa existen centros de Día dependentes do Consorcio de Igualdade de Benestar xestionados pola Xunta e repartidos por todo o territorio galego nos que se atende a persoas dependentes e autónomas. Pero neses centros levamos anos nos que non se inviste nin en persoal nin en medios, derivando recursos propios cara os centros privados". "Aínda así", engaden, "na maioría deles contan con multitude de servizos con persoal propio cualificado, cunha equipa técnica de traballadora soial, enfermeira, psicóloga, que presta un servizo integral e que necesitan investimento para mellorar a calidade e reforzalos".

Polo tanto, dende a CIG esixen que eses 5'3 millóns de euros se invistan no eido público, completando unha rede de servizos de coidado no pro- pio entorno das persoas maiores, garante da calidade e profesionalidade dos servizos que se prestan por parte da Administración cos recursos de todos os galegos e galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta