Sorpresas en Porto do Son, Corcubión, Muros e Pontecesures

Hoxe producironse algunhas sorpresas na constitucións dos consistorios municipais. O BNG rompeu o pacto en Porto do Son, Corcubión e Muros e o PSOE en Pontecesures. Aínda así, estas decisións víanse vir...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/06/2007 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

Aínda así, houbo concellos, como foi o caso de Muros, Corcubión e Pontecesures nos que tanto nacionalistas coma socialistas negociaron na sombra co PPdeG posibles pactos e mesmo a constitución de gobernos de coalición, como finalmente aconteceu en Pontecesures e en Corcubión.

Destes acordos estaba perfectamente informada a dirección do PPdeG, e mesmo as impulsou, xa que, en moitos casos interviu directamente nas conversas como foi o caso de Corcubión, onde falou directamente co BNG e co PSdeG.

Tamén houbo atrancos en catro concellos de Lugo, aínda que nestes casos, os socialistas conservaron Foz, As Nogais e A Fonsagrada, sen o apoio do BNG; e os nacionalista, Ribadeo, co voto en contra do PSOE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

28 Jesús

Oscar, cada vez me lo pones más difícil, pero te diré:
Uno de los principios básicos de la democracia es que el pueblo siempre tiene razón y en las elecciones nunca se equivoca. Como todo siempre hay excepciones.
Tal y como tu lo cuentas, mi única referencia del caso, parece, o bien que el pueblo no se cree su culpabilidad o que está tan controlado por el personaje que llega hasta aceptar el “derecho de pernada” como tu dices. Los sociólogos se lo han tenido que pasar en grande con el insólito caso. Por otra parte si el PP lo expulsó será por que piensa en su culpabilidad o que no iba a ganar las elecciones. Craso error.
Probablemente en este caso sí sea buena solución la coalición. No me gustan en general las coaliciones pero, como no soy fanático, tampoco niego que muchas veces son necesarias o, sin serlo objetivamente, funcionan bien.

Recuerdo haber leído un caso muy parecido en un pueblo de la provincia de Lugo. Algo así: Un alcalde del PP, mayoría absoluta, fue procesado por malversar fondos municipales. ¡Ahí es nada¡ El PP lo expulsó. Se presentó como independiente y arrasó con mayoría absoluta. No hubo coalición posible. En aquel momento, mi idea era clara, el pueblo, justo aquellos a quienes robaba, lo absolvió. Si la justicia emana del pueblo, como dicen, ese señor era inocente. No se como acabó el tema judicial.

¿Crees, Oscar, que puede haber pueblos tan depravados que voten mayoritariamente a quien viola o roba en el Ayuntamiento? Dos casos dignos de estudio.

27 bule bule

Carai Anxo...Iso é amor a primeira vista. Cando lle vas a declarar o teu amor??.

Confío en que me invitedes a vosa voda. :D

26 anxo

jesús, enhorabuena. Te estas convirtiendo en referencia de este foro. Un par de cojones, la verdad es que con tus comentarios(muchas veces sensatos, aunque a veces haces alguno desafortunado, no por erróneo, sino a quien va dirigido) empiezas a ser un sujeto de consulta, de rechazo o de admiración. No está mal, solo te falta ser de la upga y te haces presidente de la xunta. Un saludo y gracias por tu educación

25 Oscar

Jesús:
¿qué pensas da coalición de goberno en Toques?
Infórmoche do contexto:
2004: o alcalde Jesús Ares, entón no PP é acusado de abusar dunha rapaza de quince anos. Tras demostrarse que foi certo (e o tipo aínda segue libre) foi expulsado so PP xunto con todos os concelleiros do partido na localidade (que se puxeron do lado do alcalde). Por aquel entón o alcalde e o pobo saíron en tódolos medios españois coma exemplo de control absoluto dún pobo por parte dunha persoa, ata chegar ao "dereito de pernada". Sociólogos de visita no pobo describiron o pobo dicindo que "recordaba a tempos pasados". Houbo manifestacións feministas e aínda houbo tempo para que Fraga soltase unha algunhas das súas "perlas" e para que o alcalde de Toques recibise o apodo de "o Tocador".
2007: Jesús Ares preséntase cunha candidatura independente, e gaña as eleccións faltándolle un concelleiro para a maioría absoluta. Sen embargo PSOE,PP e BNG chegan a un acordo para quitarlle a alcaldía entre os tres a Jesús Ares.
Pregunto, ¿está xustificada esta coalición para ti?

24 Gargamel

Sobre os casos de Corcubión, Muros e Porto do Son; penso que non se poden meter todos no mesmo saco. Concretamente o de Muros é aceptar un goberno co apoio do PP, que manda truco. O do Son é ben distinto, deixar gobernar ao PP porque resulta imposíbel poñerse de acordo co PSOE.
Para isto dos pactos habería que ter en conta o pasado, en Muros o PSOE botou do goberno ao BNG por duas veces, e noutra ocasión pactou co PP; agora non poden esperar que o BNG esté sempre disposto a apoialos. De todos os xeitos penso que erraron na súa decisión, simplemente tiñan que deixar gobernar en minoría ao PSOE.
No Son erraron o seu plantexamento de campaña; comprometéronse coa cidadanía a non facer alcalde a Quintáns e agora vense atrapados no seu compromiso electoral e a saída era mala tomaran a que tomaran: Se facían alcalde a Quintáns moitos votantes non o entenderían, pero deixando gobernar ao PP van a ter a moitos en contra, os de toda a vida, que é peor. Téñeno complicado de aquí a catro anos.
Ah! por certo, o de que as asambleas respaldaban a decisión, pode ser, pero se no Son a decisión foi unánime en Muros non, e xa hai xente "rebotada".
Outra cousa, en Muros, ¿por que non se presentou
Bazarra, como todo o mundo esperaba? ¿Prefireu seguir na consellería?
Erros que se pagarán.
Seguro.