Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/02/2022 | Actualizada ás 22:00
Eulen, a empresa da que Micaela Feijóo, a irmá do presidente da Xunta, é delegada para toda a zona noroeste, contratou servizos por valor de 13 millóns de euros coa Xunta de Galicia desde o inicio da pandemia da Covid.
Así, esta empresa que ten divisións de limpeza, mantemento, seguridade, medio ambiente, servizos auxiliares, sociosanitarios e traballo temporal, contratou con diversas consellerías e entidades dependentes do Goberno galego, especialmente, as de Medio Rural, Política Social, Sanidade e o ente Augas de Galicia. Precisamente, estes organismos suman case a totalidade dos contratos, con case 12 millóns de euros.
O contrato de máis volume asinado neste periodo é o da execución de actuacións ordinarias de conservación e mantemento integral, incluídas actividades adicionais de mellora non infraestrutural, do dominio público hidráulico das bacías de Galici. Un contato de 5.625.285,27 asinado co Ente Público Empresarial Augas de Galicia.
Tamén destacan os concurso de máis de 2,5 millóns de euros para o desenvolvemento da xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo coa Consellería de Política Social e o de 2,26 millóns para o servizo de retén de maquinaria pesada para a extinción de incendios forestais nos distritos forestais de Galicia durante os anos 2021 e 2022 COA Consellería do Medio Rural.
DENUNCIAN CESES POR POÑER EN DÚBIDA AS CONTRATACIÓNS
Segundo fontes consultadas por GC un dos contratos máis polémicos foron os asinados co Sergas. Precisamente, neste periodo hai un contrato para levar o Servicio de Vixilancia e Seguridade dos Hospitais Montecelo, Provincial e O Salnés, centros dependientes del Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés por valor de 1.573.280,04€.
"Un antigo xerente foi destituido, precisamente por contravir unha orde verbal dada por Feijóo, para a concesión dos servicios por parte de Eulen para un hospital galego, da rede sanitaria pública", indican fontes sanitarias. "E só por pedirlle a Feijóo que lle mandara por escrito a orde da concesión, o día seguinte destituirono, dicindo que perderan a confianza total que tiñan na xestión dos hospitais", critican.
OUTRAS CONTRATACIÓNS
Ademais, nestes case dous anos de pandemia, Eulén tamén contratou coa Cidade da Cultura, a Televisión de Galicia, a Fundación Deporte Galego, ademais de diversos concellos, como o de Castro de Rei ou O Porriño.
Estes son os contratos de Eulen dos que se teñen constancia neste periodo:
GRUPO EULEN
Na actualidade, o Grupo Eulen presume de ter máis de 82.000 persoas nas súas nóminas. A súa orixe remóntase á empresa Central de Limpezas El Sol, fundada en Bilbao, no ano 1962, polo leonés David Álvarez Diez, que desempeña actualmente o cargo de presidente fundador do Grupo Eulen. Ten negocios en España, Portugal, Estados Unidos, Chile, Colombia, Costa Rica, México, Panamá, Perú e República Dominicana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.