Máis de 100 praias galegas optarán ao distintivo 'bandeira azul' este 2022

A maioría están na provincia de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

A Xunta propuxo un total de 115 praias para optar á Bandeira Azul 2022, sendo a terceira comunidade que máis opcións presentou. Delas, 59 están situadas na provincia de Pontevedra, 37 na da Coruña, e 19 en Lugo. Os areais atópanse en 33 concellos, 14 coruñeses, 11 pontevedreses e oito lucenses. A listaxe deuse coñecer nunha reunión do xurado nacional que concede os distintivos, na que participou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

Campo desexou que o esforzo dos concellos sexa recompensado cun distintivo no 100 por cen das candidaturas, "sobre todo porque as administracións locais dedican importantes recursos para que os areais gocen de boa calidade de auga, seguridade, servizos e accesibilidade".

O fallo do xurado darase a coñecer a mediados de maio e valorarase que os areais sexan lugares seguros e accesibles para todas as persoas. Así mesmo, no encontro abordouse a necesidade de aumentar a resiliencia nas zonas litorais, "sobre todo nas dunas e pradarías submarinas", xa que son axentes protectores naturais das praias ante temporais e, por tanto, imprescindibles para mitigar os efectos do cambio climático.

Praia de de Area da Secada, na Illa de Arousa
Praia de de Area da Secada, na Illa de Arousa | Fonte: Turismo Rías Baixas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta