O PP pide ao Goberno que "reintegre" os 70 millóns de plans de rescate estatais que Galicia non executou

Pedro Puy asegura que non se execturaron debido aos "difíciles requisitos" e "sobrecarga burocrática".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O PP galego reclamou ao Goberno central que "reintegre" a Galicia os 70 millóns de euros que quedaron sen executar pola Administración autonómica dos fondos do terceiro e cuarto plans de rescate pola crise da covid-19.

Este luns, nunha rolda  de prensa na Cámara galega, o portavoz dos populares no Pazo do Hórreo, Pedro Puy, fixo pública a proposta, que fai referencia aos fondos que non foron executados dos 234,4 millóns de euros dos plans de rescate. Puy asegurou que "tan só puideron executarse ao redor de 166 millóns de euros polos requisitos difíciles de cumprir solicitados polo Estado e a sobrecarga burocrática no procedemento".

Por tanto, o PP solicita que o Estado volva asignar este ano a Galicia os 70 millóns que non foron distribuídos a través dunha nova convocatoria de axudas directas "cuns requisitos que se axusten o máximo posible á realidade empresarial de Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta