Denuncian que a Xunta deixa en nas mans do profesorado a decisión sobre o uso das máscaras nos recreos

A CiG di que a Consellería de Educación ten que dar unhas "instrucións claras".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/02/2022 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino denuncia que a Xunta pretende que sexan os centros educativos os que decidan sobre o uso ou non uso das máscaras nos patios de recreo. Aluden a un correo sen asinar por ningún responsábel da Consellería de Educación, recibido polos centros educativos baixo o asunto: 'Aplicación da lexislación sobre a obrigatoriedade do uso de máscara en centros educativos'. "Con el o goberno galego pretende lavarse as mans en canto á decisión de se o noso alumnado ten que usar máscaras ou non durante os recreos", critica.

Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 en Educación Infantil e Primaria, a 9 de setembro de 2021
Varios nenos e nenas entran ao CEIP Manuel Mallo de Nadela, durante o primeiro día do curso escolar 2021-2022 en Educación Infantil e Primaria, a 9 de setembro de 2021 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press - Arquivo.

Neste correo anónimo, a Consellería recorda o que establece o Ministerio de Sanidade, en canto ao uso obrigatorio só en actos multitudinarios e o mesmo documento indica que segundo a OMS os recreos non se consideran actos multitudinarios. Remata o escrito recordando os grupos burbulla e as limitacións de contactos entre os distintos grupos, pero sen aclarar ou indicar que temos que facer co noso alumnado nos patios de recreo.

Desde a CIG-Ensino consideran que a Consellería de Educación ten que dar unhas "instrucións claras" de cara a forma de actuar, sen delegar as decisións sanitarias dunha pandemia nos centros educativos e nas súas direccións.

"Non pode ser que o goberno galego pretenda, mediante un correo anónimo no que non se dan instrucións claras, dar por pechado un asunto que preocupa a toda a comunidade educativa", indica. "Nin o profesorado e o resto do persoal do centro, nin as familias nin o alumnado poden seguir sendo reféns do xogo partidario e os intereses persoais do presidente da Xunta", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta