Convocan unha concentración ante a "inexistencia" de políticas da Xunta para protexer o dereito á vivenda

O Movemento Galego pola Vivenda Pública reclama ao Executivo galego un parque de vivenda público e exercer un "papel regulador no mercado". Danuncian que, de seguir co actual ritmo de creación de vivenda de protección, a demanda sería satisfeita en 200 anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A suba sistemática do precio dos alugueiros situáse en Galicia por riba da media nacional

Vivenda en aluguer
Vivenda en aluguer | Fonte: Europa Press.

(cun incremento dun 25 por ciento nos últimos cinco anos) e convertiuse así nun problema para miles de galegas/os que segundo as asociación de loita contra a pobreza, é xa o principal factor de exclusión social. Por este motivo, e por entender que a resposta da Xunta ante esta situación é "menos investimento, menos execución de orzamentos, conxelación da oferta de vivendas de protección oficial e a inexistencia dun parque de viviendas público", o Movemento Galego pola Vivenda Pública vén de convocar unha concentración en Santiago de Compostela. 

Será este xoves 17 de febreiro, ás 12 da mañá fronte ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, en Área Central (Fontiñas). Así, distintos colectivos sociais agrupados no Movemento protestarán polas políticas da Xunta baixo a lema 'Por un parque de vivenda público, non a especulación'.  "As cifras de demanda de vivenda de protección e pública demostran que hai moita xente que non pode pagar unha vivenda no mercado libre e está a pedir que as

administracións públicas fagan o seu traballo", reivindican. 

Unha demanda que cifran en, segundo o Rexistro Oficial de demandantes que se creou, preto de 15.000 persos que reclaman unha vivenda de protección, das que 11.211 queren que sexa pública e preferentemente de alugueiro. "Pero o goberno de Feijoo desoe completamente estas demandas", reproban. Ademais, indican que a media de vivendas de protección iniciadas nos últimos 7 anos, cando máis se incrementou a demanda, é de só 74 anuais:  o que se traduce en que para satisfacer só a demanda actualmente rexistrada a este ritmo precisaríanse 200 anos. "E se falamos de vivenda pública, o actual parque de 3700 vivendas é a todas luces insuficiente se temos en conta as 11211 persoas que demandan oficialmente unha vivenda", lamentan. 

Dende o Movemento Galego pola Vivenda Pública critican tamén a inacción dos diferentes gobernos do Estado e que a inexistencia de políticas que defendan o dereito a vivenda se concrete en Galicia en "299.000 vivendas baleiras, desafiuzamentos, incremento dos beneficios derivados da especulación dos grandes tenedores, banca  e fondos buitre". 

O movemento galego pola Vivenda pública chama á "maioria social galega" a involucrarse na

loita por este dereito fundamental. Unha loita que leve a, entre outras medidas, a posta en

marcha de normativas e orzamento necesario para a "dotación dun parque de vivenda

pública de alugueiro social suficiente para protexer os sectores mais vulnerables, ademais

de para exercer un papel regulador imprescindible no mercado libre".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta