O sector servizos rexistra en Galicia un incremento medio do 17,8% da súa facturación en 2021

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2022 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O sector servizos rexistrou en 2021 en Galicia un aumento medio da súa facturación do 17,8% en Galicia, por encima da media nacional, que se sitúa no 15,8%, segundo os datos publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Ademais, a ocupación neste sector tamén aumentou en Galicia e sitúase lixeiramente por encima da media estatal. En todas as comunidades, excepto Canarias, creceu o emprego e no caso de Galicia fíxoo un 1,2% fronte ao 1,1% español.

Así, en 2021 a facturación media do sector servizos en toda España rexistra a súa maior alza anual desde o ano 2000, cando se deu inicio á serie, segundo os datos difundidos polo INE.

Dentro dos servizos, a hostalaría foi o subsector que máis elevou a súa facturación de media o pasado ano, un 41,6%. Séguenlle o sector de transporte e almacenamento(18,9%), as actividades administrativas e servizos auxiliares (15,1%); as actividades profesionais, científicas e técnicas (11,3%), e información e comunicacións (5,7%).

Datos da facturación do sector servizos.. EPDATA
Datos da facturación do sector servizos.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta