Jácome saca peito cun baño na reapertura parcial das termas de Outariz

O alcalde de Ourense estre o espazo acuático tras as obras e logo de dous anos pechadas.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 25/02/2022 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acudiu este venres a comprobar o resultado dos traballos nas instalacións termais de Outariz, que se reabriron e tiveron ao propio rexedor como primeiro usuario, xa que se deu un baño.

O alcalde de Ourense na reapertura das termas de Outariz
O alcalde de Ourense na reapertura das termas de Outariz | Fonte: Concello de Ourense.

Tras case dous anos de peche pola pandemia, o concello porá en servizo dous vasos das pozas públicas de Outariz e A Burga de Canedo, mentres que permanecerán pechadas A Chavasqueira, O Muiño da Veiga e a piscina das Burgas.

Este mesmo venres leváronse a cabo as últimas obras para proceder ao enchido das termas, que se baleirarán polas noites para evitar "un uso nocivo". Ademais, esta mesma semana o Concello anunciaba as medidas para o correcto uso das mesmas: ducha previa antes de entrar á auga, un baño de máximo 30 minutos e distintas prohibicións como a de introducir vasos ou botellas de vidro, pelotas ou animais.

Gonzalo Pérez Jácome deuse un baño no espazo termal, destacando a calidade das instalacións e do seu emprazamento. "Son un luxo totalmente gratuíto que só se ten en Ourense", asegurou.

Ademais, o alcalde foi máis aló e apuntou que esta é "unha fin de semana absolutamente máxica", xa que coinciden en Ourense a celebración do Campionato de España de Atletismo en pista cuberta e a celebración da festa do Entroido 2022, "a primeira gran festa masiva do Estado español desde a pandemia e a primeira festa da cidade coa chegada da alta velocidade".

"É imposible que atopemos en Ourense cidade un fin de semana máis máxico, polo deporte nacional, polas termas e polo primeiro Entroido con AVE", insistiu Jácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sentidiño

Este é coma Putin, pero coa auga a 60 graos...

1 Gamela

Abel leva 15 anos camiño de se converter no Putin de Galicia (e de momento ninguén lle chista!) https://twitter.com/00Memoria/statu...

1 ASÍ NON

Menuda vergoña. Son un luxo que pagamos todos e que só van a poder disfrutar aqueles que poidan ir entre as 10 da mañá e as 8 da tarde. E durante 30 minutos. Antes estaban perfectas para todos. Pero non vos preocupedes que imos abrirlas polas noites ata que vos cansedes de pechalas.