En liberdade un home detido por ameazar e tentar agredir sexualmente a unha muller en Malpica

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2025 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O home detido este luns no municipio coruñés de Malpica de Bergantiños por, presuntamente, ameazar e tentar agredir sexualmente a unha muller, quedou en liberdade.

Segundo fontes xudiciais, o home, detido o domingo, pasou este luns a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº3 de Carballo, que estaba de garda. A xuíza decretou a súa posta en liberdade e impúxolle a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima.

Estas mesmas fontes confirmaron que está a ser investigado polos delitos de lesións, ameazas e agresión sexual en grao de tentativa.

Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial
Un axente da Garda Civil, de costas, de pé xunto a un vehículo oficial | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta