Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2022 | Actualizada ás 13:33
Galicia rexistrou, en novembro de 2021, a concesión de licenzas para a construción de 419 vivendas novas, o que supón o dobre que no mesmo mes de 2020 (208 por entón).
As licenzas son para 208 edificios de nova planta, cinco máis que un ano antes, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) este luns. No tocante a rehabilitación, concedéronse no undécimo mes un total 163 para edificios (oito menos en comparativa interanual), con 47 vivendas a reformar (dúas máis).
Pola súa banda, as demolicións van á baixa, as licenzas foron para 21 edificios (16 menos), con 25 vivendas a demoler (oito menos).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.