Os socialistas galegos expresan a súa "solidariedade" cos ucraínos

Valentín González Formoso destaca o "espírito solidario das institucións galegas dirixidas por socialistas", en apoio ao pobo ucraíno pola invasión rusa.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/03/2022 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou este domingo o "espírito solidario das institucións galegas dirixidas por socialistas", en apoio ao pobo ucraíno. O líder socialista expresouse así na súa intervención no Comité Federal do PSOE, que se celebrou este domingo en Madrid.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, intervén no Comité Federal do PSDEG en apoio a Ucranía contra a invasión rusa
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, intervén no Comité Federal do PSDEG en apoio a Ucranía contra a invasión rusa | Fonte: Europa Press.

Estas institucións locais e provinciais, remarcou, "encabezadas polo PSdeG", "están a ofertar prazas para que os refuxiados e refuxiadas ucraínos poidan iniciar unha nova vida nun momento de desesperanza". "Non renunciamos a ser o que somos os galegos e as galegas: un pobo solidario", asegurou Formoso.

En nome do PSdeG, Formoso condenou "unánime e rotundamente" a invasión rusa ordenada por Vladímir Putin sobre Ucraína, "pondo en cuestión a seguridade e a vida de milleiros de persoas".

Neste sentido, brindou o seu apoio ao Goberno de España "no ámbito humanitario, diplomático e de defensa con achegas ao pobo ucraíno a través da UE".

Para o secretario xeral do PSdeG, a situación actual presenta un "triplo reto": "como país, como proxecto e como socialdemocracia europea, así como inspiradores do proxecto europeo".

"Para que a socialdemocracia impere en Europa debemos facer o traballo en casa e fortalecer o proxecto gañando en Galicia para reverter o legado de quen non é bo xestor", indicou sobre o Goberno de Feijóo, que, remarca, "deixa unha Galicia máis endebedada, con máis paro e menos xente, con 138 escolas menos que cando el chegou e cun sistema sanitario reducido a unha liña 900".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta