Gadis duplica o emprego no seu supermercado máis grande da cadea en Pontevedra en plena guerra de Ucraína

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2022 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

Gadis duplicou o emprego coa apertura do seu supermercado máis grande de Galicia, situado en Pontevedra, e ampliou en 20 persoas o seu persoal, ata alcanzar as 40. Unha situación que se produce en plena guerra de Ucraína.

Con máis de 2.200 metros cadrados de superficie total distribuídos en dúas plantas, este punto de venda está situado no número 49 da rúa Benito Corbal.

Como explica a compañía, "trátase dun modelo de tenda funcional que ofrece unha experiencia de compra máis cómoda e gratificante".  "Queremos promover un impacto positivo na nosa contorna, tanto a nivel socioeconómico, como ambiental", sinala a empresa. Así, este espazo conta coa última tecnoloxía en refrixeración, climatización e iluminación, alcanzando un aforro estimado de ata o 40% con respecto a instalacións convencionais.

Supermercado Gadis en Pontevedra. GADIS
Supermercado Gadis en Pontevedra. GADIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta