A nai das nenas asasinadas en Moraña ve un "despropósito" as declaracións de Feijóo sobre violencia vicaria

"Era violencia de xénero. Quen non estaba recoñecida era eu. E si, recoñeceron ás vítimas vicarias, con retroactividade desde o ano pasado en Galicia, pero non pode matizar agora un despropósito de declaración e con exemplo que sobraba", replicou a nai.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

Rocío Viéitez, a nai de Candela e Amaia, as nenas asasinadas polo seu pai, David Oubel, en xullo de 2015 en Moraña, recriminou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as declaracións que fixo este xoves --e que despois matizou-- en relación á violencia vicaria ao considerar que supoñen "un despropósito".

A preguntas dos medios, na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Executivo, Feijóo afirmou que o caso dun pai que mata os seus fillos no marco de "un problema coa súa parella" é un caso de "violencia intrafamiliar e non machista". Posteriormente, matizou as súas palabras e vía Twitter aclarou que opina é que a violencia vicaria si é unha forma de violencia machista que coexiste coa intrafamiliar.

"Galicia sabe o que é que un pai asasine os seus fillos para danar á nai e non estaba considerado violencia de xénero. Por iso Galicia cambiou a lei para recoñecer a violencia vicaria como violencia machista", recollía Feijóo no seu perfil de Twitter.

"Era violencia de xénero. Quen non estaba recoñecida era eu. E si, recoñeceron ás vítimas vicarias, con retroactividade desde o ano pasado en Galicia, pero non pode matizar agora un despropósito de declaración e con exemplo que sobraba", replicou a nai das nenas asasinadas en Moraña ao presidente galego nesta mesma rede social.

Viéitez difundiu outras mensaxes nas súas redes sociais nas que critica a Feijóo por usar o "intrafamiliar", que ve outro termo máis para "disfrazar, categorizar e non recoñecer a violencia de xénero". Oubel foi o primeiro condenado a prisión permanente revisable en España por asasinar as súas fillas.

Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

ninguén pode ter un lapsus, nin se equivoca nunca ? coller as moscas polo rabo non parece de recibo nin siquera para un titular... eu boto de menos outra parte do discurso de Feijoo que ninguén está a reproducir (non vaia ser o demo) // https://twitter.com/00Memoria/statu...