'Hierro' triunfa nuns XX Mestre Mateo con homenaxe a Pedro Brandariz

Esther Estévez e Tanxugueiras estiveron entre as premiadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 11:01

Comparte esta noticia

A serie 'Hierro', dirixida por Jorge Coira, foi a triunfadora da XX edición dos Premios Mestre Mateo cun total de seis figuras, entre as que se atopa mellor serie de televisión e mellor dirección. Séguenlle a película 'Jacinto', con catro galardóns, e 'Tres' con precisamente tres, entre os que se inclúe o recoñecemento á mellor longametraxe.

'Hierro', que partía con oito candidaturas finalistas, non só conseguiu o premio de mellor serie e dirección, senón tamén de mellor guión, para Pepe Coira, Fran Araújo, Arancelo Gonda, Lida Fraga e Eligio R. Montero; mellor montaxe, para Jorge Coira, Gaspar Broullón yJuan Galiñanes; mellor música orixinal, para Elva Fernández e Xavi Font; e mellor dirección de produción para Ana Míguez.

Pola súa banda, 'Jacinto' recibiu catro dos 11 premios aos que optaba: mellor dirección de arte, para Samuel Lema; mellor interpretación masculina protagonista para o recentemente falecido Pedro Brandariz; mellor maquillaxe e barbaría; e mellor vestiario,ambos para Lorena Calvo.

A terceira estrela da gala foi para a película 'Tres', que obtivo o último premio da noite: mellor longametraxe. Ademais, recolleu a figura a mellor interpretación feminina protagonista, para Marta Neto, e o de mellor son, para Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marx Bech e Marc Orts. Pola súa banda, o que foi o gran triunfador da edición do ano pasado, Alfonso Zarauza coa película 'Ons', conseguiu este ano os galardóns de mellor interpretación de reparto para Diego Anudo e Iolanda Muíños en 'Melancolía'.

A parte dos múltiples recoñecementos que recibiron estas obras, os académicos premiaron a 'A Virxe Roxa' como mellor documental e a iniciativa de CRTVG, '#DígochoEu', coroouse como mellor programa e mellor comunicadora, para Esther Estévez Casado.

O premio a mellor anuncio publicitario recaeu en 'Redes vivas', de Metronoventa Creatividade e Produción Publicitaria; o de mellor videoclip foi para 'Figa', do grupo feminino Tanxugueiras e producido por Playplan e Trece Amarirllo; e o de mellor curtametraxe foi para 'Augas abisais' de Rebordelos. En canto ao resto de premiados da noite, Jairo Igrexas obtivo mellor realización por 'Orixe'; Lucía C. Pan a mellor dirección de fotografía por 'Que fixemos mal?' e 'Mataría Microserie', de Dinamo Producións, gañou mellor serie web.

XX Mestre Mateo
XX Mestre Mateo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta