Cesada a comisaria de Pontevedra por dicir que "xa lles gustaría a algunhas que as violasen un antidisturbios"

Foi durante unha homenaxe a un axente ferido durante as manifestacións do procés.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 22/03/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A comisaria xefe de Pontevedra, Estíbaliz Palma, foi cesada pola Dirección Xeral da Policía tras afirmar durante unha homenaxe a un compañeiro ferido nos disturbios pola sentenza do procés que "xa lles gustaría a algunhas que as violase un antidisturbios", segundo confirmaron a Europa Press fontes do Miniesterio de Interior.

Os feitos producíronse o pasado 11 de marzo durante a homenaxe ao axente que se viu obrigado a xubilarse polas secuelas das feridas recibidas durante os disturbios rexistrados no outono de 2019. No acto, no que se proxectou un vídeo do ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, dirixido ao axente, a comisaria referiuse as críticas que recibiu a Policía polo seu papel nestes incidentes.

"Houbo 48 horas en que parecía que a Policía Nacional se transformara e, de súpeto, violaba, maltrataba e non sei cantas cousas facía máis, que xa lles gustaría a algunhas que as violase un UIP (antidisturbios)", afirmou tal e como adiantou este luns 'eldiario.es'. Tras difundirse nas últimas horas estas palabras, a Dirección Xeral da Policía procedeu ao cesamento da comisaria, unha medida que foi adoptada na tarde deste luns.

Estíbaliz Palma, ex comisaria de Pontevedra
Estíbaliz Palma, ex comisaria de Pontevedra | Fonte: Cadena Ser

En  relación a este caso, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cualificou este martes de "intolerables" as palabras da excomisaria.  Preguntado acerca desta cuestión, o delegado do Goberno en Galicia expresou a súa "condena total" a estas palabras. "Non hai escusas nin xustificación, é intolerable este tipo de afirmacións", dixo Miñones.

A continuación, destacou que a Dirección Xeral da Policía actuou "con celeridade e exemplaridade", cesando á excomisaria, e advertiu de que "só hai unha linguaxe válida, que é a da igualdade".

CARMELA SILVA

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que o cesamento da comisaria xefe de Pontevedra Estíbaliz Palma era "absolutamente obrigado".

"Non se pode tolerar que as mulleres teñamos que padecer non só as violacións, algo terrible, intolerable, e que teñamos que sufrir tamén este tipo de comentarios. Fíxose o que había que facer", afirmou a presidenta da Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Estamos asistindo a tempos de "información sutil" antes chamábanse "diarios do movemento" ou simplemente "comisarios políticos" que están moi atentos ás palabras e moi pouco atentos aos feitos Invitamos á Ministra de Igualdade a facer o propio coa Secretaria de Estado de Igualdade (Pam) polas súas "palabras" sobre ao referirse á Secretaria Xeral de PodemosGalicia como "puta coja" Un magnífico currículum para defender a Igualdade das persoas con algunha discapacidade, non si...

1 andando

la policia esta para proteger no para violar