O SLG reclama un gabinete de crise para abordar a recollida de leite e o alimento para animais

O Sindicato Labrego Galego pediu á Xunta que sexa "consciente das súas responsabilidades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2022 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) solicitou á Xunta que active un gabinete de crise ante o impacto do paro de transportes no agro galego, de forma que se garanta a recollida de leite, o alimento para animais e que poidan chegar o gando a matadoiros.

Así, rexistrou senllas solicitudes oficiais --dirixidas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo-- nos rexistros oficiais de Compostela, Ordes, A Estrada, Betanzos, Lugo, Chantada e Xinzo.

No texto remitido á Xunta, a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba, insta a Feijóo a "ser consciente das súas responsabilidades", dado que a folga do transporte está a afectar máis en Galicia que noutras comunidades. Por iso, demándase que "convoque un gabinete de crise do sector primario e co sector do transporte no que estean presentes todas as consellerías con competencias na resolución desta crise".

Igualmente, o Sindicato Labrego puxo en marcha unha campaña en redes sociais, coa participación de gandeiros e labregos, chamada  #GabineteDeCriseXA!

O SLG solicita á Xunta un gabinete de crise para garantir a recollida de leite e o alimento a animais. SLG
O SLG solicita á Xunta un gabinete de crise para garantir a recollida de leite e o alimento a animais. SLG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta