A Fiscalía non ve "acreditado" que Pérez Jácome cometese malversación ao retirar diñeiro de contas do seu partido

A Fiscalía pide agora o sobresemento provisional da causa contra o rexedor por "non constar debidamente acreditado a comisión do feito punible", unha vez comprobada a documentación remitida por distintas institucións, organismos públicos e entidades bancarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Fiscalía considera que non está "acreditado" que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cometese un delito de malversación de fondos públicos coas retiradas de diñeiro de contas do seu partido, Democracia Ourensana.

Así o reflicte o Ministerio Público no informe polo que pide o sobresemento da querela presentada co rexedor ourensán tras unha denuncia anónima que acusaba a Jácome de desviar 100.000 euros das contas do seu partido entre 2015 e 2018, anos entre os que era edil da oposición.

En concreto, estudaba a retirada de dous cheques por parte do líder de Democracia Ourensana por unha contía de 20.000 e 30.000 euros cada un, así como os pagos do grupo municipal pola licenza do espazo de televisión de Auria TV, propiedade do actual rexedor municipal, que ascendía a case 100.000 euros.

A Fiscalía pide agora o sobresemento provisional da causa contra o rexedor por "non constar debidamente acreditado a comisión do feito punible", unha vez comprobada a documentación remitida por distintas institucións, organismos públicos e entidades bancarias.

O escrito do Ministerio, asinado a 10 de marzo, conclúe que tras a análise da documentación bancaria "acredítase" que as retiradas que investigaban das contas de Democracia Ourensá foron ingresadas noutra conta do propio partido, algo que o propio Pérez Jácome explicou durante a súa citación no pasado mes de decembro, sinalando que era unha forma de "evitar comisións bancarias".

En canto ás facturas a favor de Auria TV, a televisión da que é propietaria o rexedor municipal, a Fiscalía tamén esgrime que non constan indicios incriminatorios ao "constatar todo regularizado". Así, traslada que "todas as facturas referenciadas no escrito de querela figuran na contabilidade de Democracia Ourensá e foron achegadas no seu momento ao Tribunal de Contas sen que este obxectase nada respecto diso".

RAFAEL VILLARINO

Precisamente, preguntado pola decisión, o portavoz do PSOE local, Rafael Rodríguez Villarino, asegurou respectar a decisión adoptada pola fiscalía e recoñeceu que é "común" que o ministerio público "acabe apartándose" en asunos iniciados de oficio conforme ao avance do proceso e a achega de probas.

Con todo, considerou que "é unha pena" que "non queda ningún tipo de acusción particular alternativa" que puidese seguir co proceso que, segundo indicou, entende que "aquí acaba".

(I-D) A avogada do alcalde de Ourense, Vitoria Álvarez; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; e o tenente de alcalde Armando Ojea, á súa chegada ao Xulgado de instrución número 2 de Ourense para declarar por suposta malversación de caudais p. Rosa Veiga - Europa Press
(I-D) A avogada do alcalde de Ourense, Vitoria Álvarez; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; e o tenente de alcalde Armando Ojea, á súa chegada ao Xulgado de instrución número 2 de Ourense para declarar por suposta malversación de caudais p. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 anonimo

Eso, calqueira lle di a Gamela que se equivoca, que seica ten infabilidade pontificia. ! Probe do que lle rechiste! Eu non estou na película, nen son de Villarino, nen ( desde logo) de Jácome, o único que digo é que Jácome tentou sacar adiante as torres esas. E tampouco estou no rollo conspiranoide, de ver confabulacións por todas partes, ou de estar perpetuamente a 200 por hora. Menos histeria, please.

1 Gamela

Non é cuestión de infalibilidade é cuestión de información e entender que en política as cousas nunca son o que parecen... Vigo é unha boa escola de filibusterismo político (Abel e Cía. pedindo o Indulto para un corrupto condeado a 5 anos de prisión!) O tema das 20 alturas das Torres do Miño https://youtu.be/svcDnB4hgIc?t=728 Gostaríame saber cal é a posición do BNG e do PSOE sobre este asunto? Chercher l´argent !

2 anonimo

Pois non o vexo. Jácome, precisamente, tentou incluir no PXU de Ourense as devanditas torres. Non é nengunha" garantía" de que non se cheguen a facer esas torres, senón ao contrario. Un xa cansa de correxir os erros de Gamela: é algo agotador.

1 Gamela

O que parece é que tí estás pola labor de seguir INTOXICANDO cando falas de Jácome, semellas ser partidario de Villarino, pero a verdade só ten un camiño... As Torres do Miño son un suculento negocio para tódolos grupos políticos de Ourense... https://www.lavozdegalicia.es/notic... A ver se tes máis coidado cando falas de ERROS de Gamela ! (Non estamos en Ourense) Abur

2 Sentidiño

Dicir que as torres son "un suculento negocio )para todos) os grupos" municipais é coma manter que o goberno "se forra" cos impostos. A responsabilidade da legalización das torres foi de Manuel Cabezas (PP). No seguinte mandato o Psoe anunciou que non a anularía porque a indemnización a Copasa sería millonaria. Puido ser un erro político, pero ninguén se forrou.

3 Gamela

ti tranquila que a opereta aínda non rematou... En Vigo o Barrio do Cura segue adiante fóra do PXOM e se queres vivenda protexida prepara 260.000 € por un chavolo de 50 m2 sen vistas á ría... os duplex con vistas van a 850.000 € E a iso chámalle o alcalde un 30% de Vivenda Potexida... As Torres do Miño aínda están en cueiros... dálle tempo !

1 Gamela

Fiscalía e Denuncia Anónima: temos demasiadas Fiscalías traballando onde non deben. Ourense ten un problema real que se chama Torres do Miño. Jácome é un estorbo para sacar adiante o pelotazo urbanístico. Villarino busca desesperadamente gobernar o Concello e de paso a Deputación pero o único que pode facer de momento é descolgar o teléfono da Fiscalía a ver se remexendo remexendo pode botar a Jácome antes das eleccións municipais de maio de 2023. Estamos en abril 2022 e polo que se vé o PP non ten intención de regalarlle ao PSOE nin Concello nin Deputación e sobre todo non pensa compartir o negocio Torres do Miño ! Toda a campaña contra Jácome oculta outros intereses moito máis escuros !