Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 12:33
Familiares das 21 vítimas do naufraxio do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo', que se afundiu o pasado 15 de febreiro a 450 quilómetros ao leste de Terranova, convocaron este domingo unha concentración na alameda da localidade pontevedresa de Marín para pedir ao Goberno que "rectifique" e se permita baixar ao pecio.
Neste sentido, as familias insistiron en que "se busque a verdade" e convidaron a toda a sociedade a que se una á concentración, en especial ás persoas do mundo do mar e aos mariñeiros. "Queremos que estean aquí ante a negativa do Goberno e o incumprimento do compromiso adquirido", lamentou María José de Pazo, filla do xefe de máquinas do 'Villa de Pitanxo' e portavoz dos familiares das vítimas. A concentración será a partir das 13,00 horas na alameda de Marín e ten como obxectivo "facer xustiza". "Non nos imos a esquecer", reivindicou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.