Un total de 156 empresas solicitaron ERTE en Galicia desde o inicio da guerra de Ucraína

O 90% das 72 solicitudes da provincia de Pontevedra corresponden con expedientes ETOP (motivados por causas económicas, técnicas organizativas e produtivas).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Xunta cuantificou en 156 as solicitudes recibidas pola xunta de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) desde que se iniciou a guerra de Ucraína, o 24 de febreiro.

Segundo indicou a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, a provincia de Pontevedra acapara a metade destas peticións de ERTE que a Consellería de Emprego e Igualdade, como autoridade laboral, recibe desde que se iniciou o conflito.

En concreto, o 90% das 72 solicitudes da provincia de Pontevedra corresponden con expedientes ETOP (motivados por causas económicas, técnicas organizativas e produtivas). Por sectores, o 30% proceden da industria. "Máis da metade das solicitudes dos ERTE do sector industrial de Galicia corresponden á provincia de Pontevedra, o que pon de manifesto o peso desta actividade no conxunto", sinalou.

A directora xeral de Relacións Laborais reuniuse este venres en Vigo co director territorial da Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) de Galicia, Demetrio Fernández, un encontro do que informou a Xunta nun comunicado e no que puxo en valor a actividade inspectora en Galicia no primeiro trimestre do ano, no que experimentou un crecemento do 25%.

Elena Mancha destacou o traballo que exerce a inspección laboral na comunicade, que se viu incrementado entre xaneiro e marzo de 2022, período no que se realizaron 7.695 actuacións. En paralelo, tamén aumentaron os requirimentos de corrección emitidos pola entidade, cuxo incremento alcanzou o 22% nas catro provincias.

A representante da Consellería de Emprego e Igualdade especificou que estas cifras responden o "incremento de visitas debido á recuperación da normalidade sanitaria e a comparativa da situación de empresas en ERTE entre os primeiros trimestres do ano 21 e o do ano 22 cunha redución moi significativa". O resto das actuacións en materia de seguridade social e estranxeiría tamén se incremento, aseverou.

Persoas pertencentes ao sector do transporte participan nun bloqueo dunha fábrica de leite en Meira no quinto día de paros de transportistas, a 18 de marzo de 2022. Carlos Castro - Europa Press
Persoas pertencentes ao sector do transporte participan nun bloqueo dunha fábrica de leite en Meira no quinto día de paros de transportistas, a 18 de marzo de 2022. Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta