O Goberno ficha para Educación o director de área de Alcaldía da Coruña

"Para nós é unha gran perda, pero sabemos que Santiago Roura fará un excelente traballo no Goberno", remarcou a alcaldesa Inés Rey.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/04/2022 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Santiago Roura Gómez, quen desde o inicio de actual mandato no goberno local coruñés ocupa a dirección de área de Alcaldía e exerce como coordinador xeneral municipal, pasará desde este martes a ser titular da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo confirmaron a Europa Press fontes municipais.

Roura, doutor en Dereito pola Universidade da Coruña (UDC), na que é profesor titular de Dereito Constitucional, pasa así a exercer como secretario xeral técnico do ministerio que preside Pilar Alegría. Tras esta nova responsabilidade, que se fará efectiva este martes, a alcaldesa, Inés Rey, destacou as súas "cualidades profesionais e humanas", así como a súa "dedicación" nestes anos, convencida de que lle permitirán realizar un "gran traballo" a nivel estatal.

Segundo as fontes consultadas, a ministra de Educación, Pilar Alegría, púxose en contacto días atrás con Inés Rey para comunicarlle o seu interese en incorporar a Roura ao seu equipo. "Para nós é unha gran perda, pero sabemos que Santiago Roura fará un excelente traballo no Goberno, traballo do que non só se beneficiarán os coruñeses, senón todos os cidadáns deste país", remarcou Rey.

Santiago Roura
Santiago Roura | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Pregúntome que sabe un Constitucionalista sobre a Secretaría Técnica (obras, instalacións) é dicir onde se asinan os millóns para inversión en Educación ! (todo transferido ás CC.AA.) En fin sabemos que Pilar Alegría carece de Ética https://twitter.com/00Memoria/statu...