Por Galicia Confidencial | A Coruña | 08/04/2022 | Actualizada ás 21:00
A CIG-Ensino comezou hai meses unha campaña para mudar a denominación dos centros escolares que aínda manteñen viva a honra a persoeiros vinculados coa ditadura. Esta semana é noticia positiva a eliminación de dous destos nomes de centros escolares relacionados, por diferentes motivos, co franquismo.
Un dos centros, no barrio coruñés de Monte Alto, deixará o nome do alcalde franquista Sanjurjo de Carricarte e pasará a denominarse Torre de Hércules. O outro centro que muda o nome é o Condesa Fenosa do Barco de Valdeorras, que renderá homenaxe a quen foi director do colexio durante vinte anos.
"Son aínda moitos os centros escolares que manteñen viva a vergoña de homenaxear a quen foron protagonistas ou colaboradores do réxime franquista. A Xunta non tomou ningunha iniciativa ao respecto e xa vai sendo hora de facelo, por dignidade e memoria democrática", denuncian desde CIG-Ensino.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.