Por Europa Press / Redacción | MADRID | 28/04/2022 | Actualizada ás 12:47
O prezo medio dos carburantes en España situouse esta semana nos 1,817 euros o litro, no caso da gasolina, e nos 1,847 euros, para o gasóleo, sen ter en conta o desconto obrigatorio de 20 céntimos por litro aprobado polo Goberno que se aplica nas gasolineiras ao pagar.
Estes prezos representan unha importante subida con respecto aos últimos publicados polo Boletín Petroleiro da Unión Europea (UE), aínda que non son comparables, xa que non recollen esta semana esa bonificación de polo menos 20 céntimos por litro que se aplica desde o pasado 1 de abril.
Segundo os datos do boletín recollidos por Europa Press, no caso do gasóleo, os 1,847 euros representarían un novo máximo histórico, superando os 1,837 euros por litro que tocou a finais de marzo este combustible.
Coa aplicación da bonificación, a media dos prezos situaríase nos 1,617 euros o litro no caso da gasolina, e nos 1,647 euros para o gasóleo, aínda que eses datos non serían do todo correctos, xa que hai descontos superiores, dependendo da petroleira.
O que si que se consolida unha semana máis é o 'sorpasso' do diésel á gasolina, cunha diferenza dun tres céntimos, algo que non se producía desde o ano 2011.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.